ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 30 de junio de 2018

A FIN DUNHA ETAPA.


Con esta entrada, alá polo 2015, comezaba a andaina dos nosos Pandas en Educación Infantil. Penso sinceiramente que conseguimos, familia e cole, ver cumprido o desexo que amosa a última frase presente na entrada: fixéronse GRANDES porque sempre quixeron avanzar. Nunca se rendiron ante nada e a súa ilusión, tendo como bandeira o seu sorriso, foi quen os trouxo ata onde hoxe os atopamos. Deixan de ser Pandas en Infantil para ser nenas e nenos dunha nova etapa. 
Seguireilles a pista e gozarei de cada novo paso que consigan e... aínda que non esté presente para camiñar ao seu carón o meu corazón seguiralles desexando o mellor desde o primeiro minuto da mañá no que sentirei que... non están lonxe de mín. 
Graciñas familias pola vosa colaboración e entrega desde o voso fogar cada día. Sen vós nada sería posible.    
Agradecida tamén pola maravillosa sorpresa do último día. Dous detalles preciosos que uniron o máis importante: a miña vocación e aos protagonistas da mesma. Elas, eles e o seu entusiasmo... o mellor agasallo!. 
















sábado, 16 de junio de 2018

PARVA NOS XARDÍNS!.

Aproveitando o bo tempo e como todos os anos quixemos gozar da parva nos Xardíns de Lombardero. Imaxinade o ben que o pasamos logo de recargar baterías porque este curso subimos ao blog unha única foto como remate dunha etapa. Felices por todo o conseguido!.





SEIS PANDAS DE ANIVERSARIO!


Chegou o último mes do curso e con el os últimos aniversarios na clase dos Pandas. Aquí tedes aos protagonistas, xa se lles ve cara de maiores, non si?. Parabéns para estes seis mosqueteiros e a seguires cumprindo moitos máis.
Coma sempre a torta riquísima e esta vez acompañada con batidos de chocolate que estaban... super bos. 
Graciñas familias pola vosa implicación nesta celebración!




COÑECENDO PRIMARIA!.

A poucos días de rematar o cole e aproveitando que lle prestamos o patio ao nenos e nenas que para o vindeiro serán os novos do cole e que os maiores marcharon de excursión, Patiños e Pandas tivemos o noso primeiro contacto co patio de primaria. Alí gozamos da compaña de irmáns e coñecidos e xogamos á corda, cos peóns, a xogos no chan, ao basket, a perseguir pombas... e o que máis nos gustou foi que Diego nos deixou tizas. Estupendo eso de debuxar no chan!.








Tamén aproveitamos para coñecer as aulas de primeiro porque aínda que xa temos subido á primeira planta en varias ocasións, non é o mesmo que coñecer agora, as que van ser as nosas aulas, a tan pouquiño tempo de vernos nelas.
Alí, fomos recibidos pola profe Graci e os seus alumnos que nos explicaron como é a sua clase e o seu día a día: ensináronnos os seus libros (nos que poidemos ver que están practicando cousas moi fáciles para nós. Uff! que ben), como se organizan, que utilizan unha axenda e ata fan exercicios na pizarra dixital...
Para rematar agasalláronnos co noso pasaporte individual a primaria e que debemos traer ben decorado e cuberto o primeiro día de cole no mes de setembro. 
E xa que estabamos... visitamos as aulas dos máis maiores: de cuarto e de sexto que xan son bastante diferentes da nosa.
Este paseo por Primaria gustounos moito!

















lunes, 4 de junio de 2018

EXCURSIÓN A GRANXA "O CANCELO".

Pouco a pouco imos rematando un curso máis. Para nós tamén finaliza unha etapa. Como todos os anos non podía faltar a excursión final de curso á que, coma sempre, quixemos darlle un sentido didáctico ademais de lúdico.
Achegámonos á Granxa "O Cancelo" situada moi pretiño, no concello de Miño. Patiños e Pandas degustamos o leite da granxa, fixemos batidos de plátano, amorodo e chocolate, coñecimos como viven as vacas adicadas á produción de leite nunha granxa (que comen, onde durmen, como se moxen...) e ata puidemos ver como nace un becerriño. Despois de xantar veu un tempo de lecer con maquillaxe, chapas e tatoos de purpurina e para rematar a xornada gozamos dun riquísimo "Bico de xeado" elaborado coa leite das vacas da granxa. Estaba delicioso!.


miércoles, 30 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE MAYRA.


Que ben o pasamos no aniversario da Pandiña MAYRA!. Esta pequerrecha tamén cumpríu seis aniños e invitounos a unha saborosa torta super decorada que disfrutamos coma sempre despois de cantarlle as coñecidas cantigas de aniversario e de tirarlle un pouquichiño das orelliñas. Je, je!!. 
Parabéns Mayra e a seguir medrando un montón!.





lunes, 30 de abril de 2018

FESTA DOS MAIOS!


Hoxe Patiños e Pandas compartimos unha xornada de traballo e convivencia. Xuntámonos para colaborar na elaboración dos Maios. Días antes xa nos xuntaramos co resto dos compis de infantil para lembrar as orixes desta fermosa tradición da nosa vila así como para ensaiar a cantiga deste ano. 



Facendo unha gran roda fomos axudando na elaboración da grinalda de margaridas. Ao ires rematando, como tiñamos a clase distribuida por zonas de xogo, compartimos un tempiño de xogo.

























O mellor foi cando lles levamos ás nosas familias, que estiveron axudando mogollón, a nosa grinalda para colocar no Maio. Quedou fermosísima!. Non hai máis que velo.




E para rematar o día... que mellor que un picnic compartido!. Aquí nos tedes moi ben organizados compartindo a nosa parva.



Finalmente, desfilamos fachendosos polo corredor principal do noso cole pero... como pesaban os Maios!.





















Aínda así ao día seguinte participamos na exposición dos Maios pola vila: cantando e pedindo para o Maio nos Xardíns de Lombardero, desfilando polas rúas e participando no concurso na Alameda. Lembrar que os Maios do Couceiro recibimos dous trofeos. Traballo moi ben feito!. 



Mil grazas ás familias pola vosa colaboración e implicación nesta festa tradicional!!.