ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 16 de junio de 2018

COÑECENDO PRIMARIA!.

A poucos días de rematar o cole e aproveitando que lle prestamos o patio ao nenos e nenas que para o vindeiro serán os novos do cole e que os maiores marcharon de excursión, Patiños e Pandas tivemos o noso primeiro contacto co patio de primaria. Alí gozamos da compaña de irmáns e coñecidos e xogamos á corda, cos peóns, a xogos no chan, ao basket, a perseguir pombas... e o que máis nos gustou foi que Diego nos deixou tizas. Estupendo eso de debuxar no chan!.








Tamén aproveitamos para coñecer as aulas de primeiro porque aínda que xa temos subido á primeira planta en varias ocasións, non é o mesmo que coñecer agora, as que van ser as nosas aulas, a tan pouquiño tempo de vernos nelas.
Alí, fomos recibidos pola profe Graci e os seus alumnos que nos explicaron como é a sua clase e o seu día a día: ensináronnos os seus libros (nos que poidemos ver que están practicando cousas moi fáciles para nós. Uff! que ben), como se organizan, que utilizan unha axenda e ata fan exercicios na pizarra dixital...
Para rematar agasalláronnos co noso pasaporte individual a primaria e que debemos traer ben decorado e cuberto o primeiro día de cole no mes de setembro. 
E xa que estabamos... visitamos as aulas dos máis maiores: de cuarto e de sexto que xan son bastante diferentes da nosa.
Este paseo por Primaria gustounos moito!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario