ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 2 de octubre de 2009

EMPEZA A NOSA AVENTURA!!!


Ola amigos e amigas!
O noso blog comeza a andar moi paseniño pero sen deter a marcha.
Xa levamos uns cantos días de cole. Nos primeiros días houbo algún que outro choro pero tamén moitos momentos de encontro cos novos compañeiros e compañeiras cos que experimentamos e investigamos cos novos materiais e espazos.
Tamén houbo tempo para ir coñecendo a outros mestres e mestras que nos van axudar a aprender moitísmas cousas.
Ata a próxima...!

6 comentarios:

  1. Ola rapaces!!
    Benvidos ao cole e a esta ventana aberta as vosas clases!!
    Moitos biquiños!!

    ResponderEliminar
  2. Ola pequerrechos!. Desde Ferrol desexamos que gardedes un bo recordo da vosa chegada ao cole de maiores. Xa veredes o que vades aprender e o ben que o ides pasar. Ata pronto!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. ola!Espero que todo o curso sexa asi de divertido!os rapaces estan encantados!!

    ResponderEliminar
  4. Esperamos,e creo que falo en nome de moitos pais que os problemas das augas fecais se solucionen o antes posible.Os nenos encantalles estar no cole e para algun pais supon un problema ter que dar volta para a casa cos nenos sobre todo para os que traballamos.Un biquiño!

    ResponderEliminar
  5. Esperamos,e creo que falo en nome de moitos pais que os problemas das augas fecais se solucionen o antes posible.Os nenos encantalles estar no cole e para algun pais supon un problema ter que dar volta para a casa cos nenos sobre todo para os que traballamos.Un biquiño!

    ResponderEliminar
  6. Que ben e que san comen os nenos e nenas de 3 anos. Así medraredes máis y chegaredes a ser moi grandullóns. Seguide comendo moita froita e froitos secos porque cando sexades maiores a vosa saúde será moito mellor.
    Desexo que pasedes unhas moi boas festas de Nadal e que os Reis Magos vos traigan moitos regaliños. Moitos bicos para os pequerrechos e as súas profes.

    ResponderEliminar