Como ben sabedes (eu) a profe Ilenia, estiven uns días pachucha e non puiden vir ó cole, así que durante eses días a profe dos Gatiños foi Silvia.
Hoxe, reincorporeime con moitas ganas de volver a reecontrarme cos meus gatiños e gatiñas, así que para soprendelos na miña volta decidín levar comigo uns novos amiguiños: UNS CARACOIS!!!
Ó comezo, non todos estabamos dispostos a achegarnos a eles e moito menos a tocalos, pero pouco a pouco ese medo (mesturado con asco en moitos casos) foi desaparecendo. Non vindeiros días, xa vos contarei como se chaman porque hoxe Maya propuxo chamarlles "Coliflor", pero non contou con demasiados apoios e estas decicións merecen o seu tempo de reflexión.
Mañán, presentarémosllos ás Gaivotas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario