Como xa anunciamos uns días atrás, estamos a traballar co corpo. Entre as cousas que estamos a facer, temos que contarvos que xa nos medimos, aprendemos como se fan os bebés, como comen na barriga das mamás, como saen da barriga... Ademais hoxe mesmo, Brais R. trouxo da casa unhas radiografías e a ecografía de cando el estaba na barriga da súa nai. A verdade é que con isto xa sabemos moitas máis cousas sobre como eramos e como é o noso corpo por dentro. Moitas grazas Brais!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario