ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 24 de febrero de 2010

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN: A DOMUS

Onte fixemos a nosa primeira excursión desde que comezamos neste cole. O lugar elixido, aproveitando que estamos a traballar co corpo e cos bebés, foi a DOMUS. E para que mentir, serviunos de moita axuda para visualizar, manipular e xogar coas diversas experiencas que ó longo deste trimestre fomos realizando e que alí nos estaban esperando.
Como veredes nas fotos, houbo tempo para todo, cantamos no bus, logo fixemos un percorrido polo museo, fixemos un descansiño para repoñer forzas e continuamos investigando. Á saída, sufrimos a forza que do vento hoxe tamén nos acompaña (pero que nolo fixo pasar moi ben) e ó chegar ó bus.... algún que outro caeu rendido.... Non vos estranará, non si???
Por certo, hai dous slide de fotos porque levamos dúas cámaras e fomos sacando as fotos como puidemos. Están mesturadas as fotos das dúas clases: Gatiños e Gaivotas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario