ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 11 de marzo de 2010

XOGANDO CO NOSO AMIGO MANOLO

Xa está acabando o trimestre e con el o tema estrela destes meses: o corpo. Así que, xa case case como punto final, os Gatiños invitamos a Manolo (o esqueleto do cole) a facernos unha visita. Primeiro botamos uns cantos bailes con el (aínda que anda un pouco teso o pobre) e logo empezamos a tocalo, darlle biquiños... é un esqueleto tan agradecido...
Despois repasamos as partes do corpo, comprobamos no propio corpo onde estaban os ósos, recordamos que órganos protexían... en fin, que xogando xogando xogando, paamos un moi bo rato e, máis importante, apredemos un montón de cousas.
Grazas Manolo, os Gatiños e as Gatiñas esperan con ilusión que volvas a facernos outra visita!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario