Durante as últimas datas os Gatiños estivemos a facer cousiñas do Nadal: as casas con material de refugallo para o Belén do cole, montamos as árbores de Nadal cos triángulos que en familia fixeron os peques na casa, e sobre todo, ensaiamos un montón para cantar a canción dos Bonecos de neve no festival. Logo da actuación chegou o momento da festa e... para a nosa sorpresa.... apareceron os paxes dos Reis, aos que moi emocionados lles dimos as nosas cartas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario