O luns, as gaivotas, disfrutamos moito dos contacontos da editorial Kalandraka. Foron catro contos musicados cos que non pestanexamos pois a narradora e os efectos musicais do seu axudante tivéronnos absortos durante unha hora. O máis intrigante foi un ovo de crocodilo do que algún neno temía que en realidade saíse o animaliño. A gaivotiña Xoán non quería nin oír falar diso, nin sequera da idea de que para a próxima vez que viñeran os contacontos, se cadra, xa poderían traer ao pequeno crocodilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario