O venres despois do “tentempé” houbo sorpresa na clase das gaivotas. Non aguantamos moito cos ollos pechados (como di a gaivota María, “quen apagou a luz?”) e para evitar envurullamentos a profe agochou a sorpresa. Puxémonos a pensar que sería aquilo pero… o pano deunos algunha pista… comida, comida!…Algúns moi curiosos albiscamos algo debaixo daquel pano pero foi a encargada do día quen tivo a honra de levantar o pano. Eran…. cenoria, tomate, pataca, noz, avelá, mazá, mandarina, queixiño, macarróns, arroz, lentellas, leite, auga, galletas, pan, polo, bistek, peixe, leituga, espárragos, cereais e ata chuches… Soubemos tódolos seus nomes e pensando pensando… chegamos a descubrir que os podíamos nomear a todos con un só nome: ALIMENTOS!.
Seguide atentos este novo proxecto e axudádenos! pois aprenderemos moito xuntos. FAMILIAS!! MIRADE BEN A BANDEXA POIS HAI ALGO QUE OS VOSOS FILLOS NON DESCUBRIRON E QUE NOS VAI AXUDAR A APRENDER MÁIS SOBRE O TEMA. QUE É?. Se o descubrides escribide co voso fillo de que se trata e traédeo o luns ao cole. VEREMOS SE SODES BOS OBSERVADORES!!!!.

No hay comentarios:
Publicar un comentario