Aquí nos tedes, aproveitando esta boa primavera tan rica en bichos: Aroa trouxo unha lagartixa que todos observamos con gran curiosidade e cuestionándonos sobre como se pode agarrar ás paredes e Shara amosounos dúas abellas (unha delas coa bolsiña de pole na pata traseira), unha xoaniña, unha mosca e unha avispa. Ollade para facervos unha idea. Grazas familias pola vosa pericia ao recoller estes exemplares!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario