ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 14 de junio de 2011

LADRÓNS DE ILUSIÓNS...

Supoño que xa todos estaredes informados: este finde de semana o noso colexio foi vítima dun roubo, noticia que hoxe La Voz de Galicia destacaba na súa portada (se queredes lela pinchade aquí).

Pero se mo permitides gustaríame dedicarlle unhas verbas a estes ladroóns de ilusións:

"Creo que non hai nada máis ruín que roubarlle a nenos/as, porque roubarlles siginifica roubar ilusións, inocencia... A cara dos pequechos cando chegaron o luns á escola e viron o acontecido é indescritible, como tamén o foi a cara do profesorado: tanto e tanto traballo, esforzo... que por unha actuación miserable duns poucos, esfúmase...

Mais o que non se vai esfumar é a ilusión e as ganas que grandes e pequenos temos de seguir traballando. Semella que cada vez que nos levantamos dunha caída (inundacións, filtracións...) algo no camiño aparece para que volvamos caer, pero ao igual que nos levantamos en anteriores ocacións, esta vez tamén nos poñeremos en pé e volveremos camiñar.

Esperamos familias e amigos que unha vez máis non deades folgos para continuar a nosa andaiana e a vós... ladróns de ilusións... que cando encendades os nosos ordenadores, as cámaras... sintades noxo pola vosa forma de gañarvos a vida, a costa de roubar os soños dos demais."

Esperamos que as vindeiras entradas volvan ter o ton alegre de sempre e moi especialmente neste caso, agardamos os vosos comentarios.

1 comentario:

  1. Eu non o diría mellor!!!
    Esperemos que roboubarlles aos pequechos unha parte fundamental do seu traballo, do seu xogo, teña a súa "recompensa".
    Pero como dí a profe Ilenia seguiremos a traballar coa mesma ilusión porque estes "ladróns de ilusións" non poden contra as nosas!!

    ResponderEliminar