Un novo trimestre comezou e as gaivotas estreamos compañeiros de mesa. Aínda que xa levamos tres anos xuntos desfrutamos moito cando a profe (por sorpresa) nos cambia de lugar na clase. Estes cambios serven para coñecérmonos mellor entre nós e sobre todo aprendemos a compartir e axudarnos mutuamente. Mirade estas fotos e vede as nosas cariñas de asombro e contento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario