Entre o xoves e o venres as nenas e nenos e infantil fomos coñecer o Museo de Belas Artes de A Coruña. Na clase xa nos comimos a cabeza pensando que era iso dun museo e o certo é que tiñamos bastante claro que é o lugar onde podemos coñecer e aprender sobre "cousas interesantes": sobre dinosaurios, sobre o corpo, sobre a arte... Voltamos envoltos dunha relaxación tremenda, a nosa atención foi exquisita e o noso asombro permitíunos aprender moitas cousas: o que necesitan os pintores para pintar, como debemos mirar un cadro, como pintar o vento, que se pode pintar "do revés", que os cadros contan historias, por que un retrato nos persigue coa mirada... Pasámolo super ben e apredimos moitíííísimo. Ollade pra nós!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario