Hoxe celebramos os aniversarios da gaivotiña Óscar e da "xefa" da bandada. A enchenta foi moi exótica pois tivemos: torta de limón acompañada por hipopótamos (non de verdade... de galleta e chocolate) con zume de piña e pexego. O certo é que estaba todo boísimo e pasámolo pipa desde os preparativos ata o remate. Grazas á familia de Óscar pola torta e esa presentación tan fermosa. Os compis e a profe desexámoche: que cumpras moitos máis!!!.
A profe davos mil grazas a vós e á profe Lorena por ese maravilloso "agasallo sorpresa". Un fermoso álbum no que expresades todo o cariño que gardades no voso corazonciño. Moitas grazas e... anímovos a seguir regando a semente de amor que levades dentro.
Quérovos moito!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario