Esta semana gatiños e gaivotas volvemos compartir un intre ben interesante: fixemos unha sementeira. Coas sementes aportadas desde que empezamos a investigar sobre o eucalipto fixemos o noso propio "hortexo". Tiñamos sementes de sandía, ameixas, noces, perexil, mazás, peras, mandarinas, cabazas, pensamientos, margaridas... e ata de eucalipto. Logo de observalas e ver as diferenzas entre elas lembramos a sementeira que fixemos cando tiñamos tres anos e puxémonos mans á obra. Védenos nestas fotos e de aquí en diante iremos amosando o que ocorre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario