ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 17 de enero de 2013

UNHA IDEA MOI "DOCE" !

Esta semana Senai e a súa familia agasalláronnos cunha receita: Biscoito de iogur. Cada "xirasol" levamos á nosa casa esta receita que de seguro nos animará a experimentar as nosas dotes reposteiras. Unha boa alternativa para estes días de chovia que sen dúbida deleitará os nosos padais. Grazas familia porque, ademais de ilusionarnos, a vosa iniciativa servíunos para motivar a lectura. Vede senón o interesados que estamos nestas fotos. Ah! e para que todos vos animedes a probala aquí vola deixamos. Está riquísimo!, dixo Senai.
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario