ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 21 de marzo de 2013

GÚSTANOS O NOSO CORPO.

Durante estas semanas aprendimos moitas cousas sobre o noso corpo. Todos estivemos moi interesados en descubrir como somos, sobre todo utilizando o material que fomos aportando coas nosas familias. Fixemos murais, realizamos a silueta do neno máis grande da clase, limos contos, observamos as nosas diferencias, coñecimos os nosos sentidos, aprendimos e compuxemos cancións, sabemos como coidarnos... e plasmamos todo o aprendido no traballiño que levaremos para a casa. Grazas ás familias pola vosa axuda pois o voso apoio desde a casa foi moi importante para, aproveitando a motivación dos peques, ayudarlles a coñecerse a sí mesmos e aos demais.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario