ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
lunes, 18 de marzo de 2013
VISITA A "CASA DO MEL".
Hoxe os Xirasoles fixemos a nosa primeira excursión escolar. Foi para coñecer a Casa do Mel: un lugar acolledor no que poidemos comprobar en persoa o maravilloso mundo das abellas. Distinguimos a abella raíña de entre un montón de obreiras, vimos un panal cheíño de cera e mel, aparellos como a centrifugadora e as cubas de almacenamento do mel. Con cera fixemos unha candea e tamén nos deu tempo a facer a nosa propia colmea (dando cor as abelliñas que logo pegamos nun mural). Probámolo mel por suposto, e xa cansos tomámola nosa parva. Algúns xa quedabamos durmidos na viaxe de volta, e que... tanta emoción!. Viñemos moi contentos e a máis de un lle gustaría repetir a visita cos seus papás, así que, animádevos familias! porque e un recuncho que está moi preto e é digno de disfrutar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario