Onte no cole puidemos descubrir unha "nova linguaxe". Bueno... "nova" para nós porque xa é moi antiga. Trátase do "Silbo gomero": linguaxe tradicional da illa canaria de A Gomera que utiliza os asubíos para comunicarse a longas distancias. A demostración desta arte estivo a cargo dun mestre e dous alumnos que viñeron desde as "Illas afortunadas" para amosarnos esta preciosa tradición.
Pasámolo bomba e unha vez que nos explicaron o truco das vogais ata... entendíamos o que nos dicían asubiando, escoitade senón...
Grazas chicos por achegarnos esta fermosa tradición e grazas tamén á profe Alicia, que estivo connosco hai un tempo, por ofrecernos esta posibilidade da que disfrutamos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario