As nosas pescudas seguiron máis alá que a propia observación e quixemos ver a crisálida dentro do casulo: abrímolo cunha tesoira e... que duro estaba!. Ao final rematamos xogando coa seda que se desprendía. Vede estas imaxes.
ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
domingo, 9 de junio de 2013
BOLBORETAS E... OVOS!
O pasado 27 de maio dos casulos dos nosos vermes da seda comezaron a saír as bolboretas, cadaquén ao seu ritmo pero todas moi lixeiriñas. Quedamos abraiados da forza que deberon facer para rompelos, aínda que segregasen ese líquido escuro que lles axuda a que o casulo abrande. Tres días despois descubríamos os ovos. Hai que ver que mogollón!. E aínda estes días observamos como seguen a aumentar, aínda que... tamén nos damos conta de como o ciclo da vida remata para estas bolboretas. (Ademais... sabíades que desque son bolboretas non necesitan alimento?. O agarimo da súa parella e a laboura de perpetuar a especie bástalles para rematar o seu ciclo vital).
As nosas pescudas seguiron máis alá que a propia observación e quixemos ver a crisálida dentro do casulo: abrímolo cunha tesoira e... que duro estaba!. Ao final rematamos xogando coa seda que se desprendía. Vede estas imaxes.
As nosas pescudas seguiron máis alá que a propia observación e quixemos ver a crisálida dentro do casulo: abrímolo cunha tesoira e... que duro estaba!. Ao final rematamos xogando coa seda que se desprendía. Vede estas imaxes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario