A piques de rematar o curso, con todo aprobado por suposto, tocounos xornada de xogos. O tempo deunos unha tregua e poidemos realizar un circuito moi divertido: puxemos en marcha as nosas habilidades motrices durante tres quendas e conseguimos os cuños que nos daban dereito a participar na tómbola. Escollimos a nosa tarxeta sorpresa e encantados recibimos de man das nosas profes o agasallo por lograr llegar á meta. (Algunhas familias pensaron que levabamos á casa algo confundido, que non era noso. Efectivamente non o foi, pero grazas as doazóns destes detalliños os pequenos esbozamos unha mirada de sorpresa e como non, un gran sorriso. GRAZAS).
No hay comentarios:
Publicar un comentario