ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 17 de noviembre de 2013

COÑECEMOS A GIUSEPPE ARCIMBOLDO.

Hai uns días Bolboretas e Xirasoles xuntámonos para coñecer a alguén moi especial. De seguro que xa nos escoitastes falar del. Trátase do pintor italiano Arcimboldo que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza: froitas, legumes, verduras...
Despois de visualizar e estudar esta presentación que vos amosamos, para que poidades lembrar na casa cos vosos peques, decidimos que este pintor fose a nosa guía para representar as diferentes estacións ao longo do curso. Xa estamos traballando O outono. En pouco veredes o resultado.
Ah! e moitas grazas as familias polas vosas aportacions para crear as nosas particulares obras de arte en relación con este pintor.
(Por certo se a algún peque lle oides falar de José ou Pepe Arcimboldo non vos estrañedes, trátase do mesmo Giuseppe Arcimboldo -foi unha nota graciosa da traducción do seu nome-).


No hay comentarios:

Publicar un comentario