ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 15 de febrero de 2014

A HISTORIA DE XAIME O LAMBÓN.

Xaime era un neno coma nós. Un día logo de ir ao aniversario dun compi e encherse de lambetadas negouse a comer a fabulosa comida que lle preparou a súa nai. Ás agochadas, e como vía "chuches" por todas partes, decidíu comer varias caixas dos "ovos da recompensa" que gardaba mamá. Foi lavar os dentes e ao mirarse no espello víu que se convertera... nun ovo de chocolate!. El non quería ser así, desexaba volver ser... un nenooooooo!.
Así foi como Xaime nos pedíu axuda. ¿Como podemos axudalo?. Puñémonos a pensar e saíron moitas propostas: romper o ovo, comer a comida de lle poña mamá, comer alimentos sans e ata chamar a un mago que faga maxia e lle diga que comida ten que comer. Esta última foi a que máis nos gustou así que berramos: "Mago Antón, axuda a Xaime o lambón!".
E por arte de maxia apareceu na porta da clase unha bandexa coa imaxe do mago e moitos, moitos alimentos que pode comer Xaime para volver ser un neno. Ah! os que non debe comer apareceron ben suxeitos no revés da bandexa. Mirade, mirade!.



Así foi que hai uns días nos animamos a coñecer o importante que é ALIMENTARSE BEN PARA TER UN CORPO SAN.
Estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos e xa sei que algún "xirasol" ten amolada a mamá con esta alimentación saudable que estamos a estudar pero paciencia... desde o cole, "máis vale pecar por exceso de coidado na saúde que quedarse curtos".  A vos desde a casa tócavos equilibrar a balanza.
Se nos queredes axudar a saber máis sobre como coidarnos cunha alimentación sana podedes aportar coma sempre: libros, vídeos, artigos... GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

2 comentarios:

  1. Y están aprendiendo muy bien la lección. Cada día Santi me dice una cosa nueva, que ha aprendido de la alimentación, que me deja boquiabierta.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por toda tu información María porque... a las profes muchas veces nos queda la duda de si nuestros alumnos estarán asimilando correctamente toda la información que manejamos en el aula. Vuestros comentarios complementan nuestra observación en el aula. Gracias de verdad.

    ResponderEliminar