Esta semana demos por rematadas as festas de outono que iniciamos a primeiros de mes co Samaín.
Foi coa celebración do Magosto e do Día do Peón.
Foi coa celebración do Magosto e do Día do Peón.
Os Pandas estabamos intrigados por como sería eso de subir ao patio dos maiores que para nós era descoñecido, pero o certo foi que o fixemos moi ben (ou polo menos eso dixo a nosa profe que ata nos felicitou). É que xa imos medrando!. Non vos dades conta?.
Logo poidemos deleitarnos cos malabarismos dalgún compi maior bailando o peón porque para nós aínda é moi difícil. Prometemos rematar a primaria sabendo bailalo. Aínda nos quedan uns anos para aprender!.
A verdade é que foi un ratiño moi fermoso porque ademais poidemos compartilo coas nosas familias. Grazas por acompañarnos e pola vosa axuda!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario