ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 13 de diciembre de 2015

OS PEQUES... DE ANIVERSARIO!.

Parabéns para Ezequiel, Amoná e Julia!

O venres homenaxeamos aos Pandas máis pequenos da clase: Ezequiel, Julia e Amoná. Coma sempre disfrutamos dunha xornada emocionante, sobre todo para eles que andaban super nerviosos. Decoramos ilusionados as súas coroas, cantamos, sopramos as candeas (que por certo debían ser máxicas porque non se daban apagado) e puxémonos coma "pepes" con dúas tortas riquísimas (parecían flans) e os zumes. Grazas familias e vós... a medrar pequerrechos!.


4 comentarios:

  1. Felicidades Pandas!!!!
    Que boa pinta teñen esas tortas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Rocío por seguirnos. Sabían de rechupete!. Uhmm!

    ResponderEliminar
  3. Amoná chegou a casa FELIZ e orgulloso coa coroa e a medalla.
    Grazas á mamá de Ezequiel por esas riquídimas tortas e a Dámaris pola festa.
    Bicos
    Mamá de Amoná

    ResponderEliminar
  4. Grazas polo teu comentario Pamen. O certo é que os "cumpleañeiros" son os verdadeiros protagonistas do día e encántalles toda a celebración. As tortas boísimas pero... as medallas tamén foron agasallo da nai de Ezequiel. Saudiños.

    ResponderEliminar