ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 26 de noviembre de 2017

AXUDA PROFE EUGENIA!!


Aquí vos presentamos a carta que apareceu coa maleta na nosa clase e de seguido contámosvos que é o que pon. Decíamosvos que decidimos preguntar á profe Eugenia porque semellaba estar en inglés e... acertamos. 
Moi sorprendida a profe púxose a lérnola en inglés e a contarnos o que alí dicía. Contámosvos:
A carta estaba escrita por un neno de sete anos chamado Gabriel. Gústalle moito viaxar ao redor do mundo cos seus pais e visitar os lugares que ve nos libros. Viaxou moito: do norte ao sur, do leste ao oeste coma Willy Fog nas súas aventuras.
Na súa última viaxe perdeu a maleta e non sabe como atopala. É por iso polo que nos pide axuda. 
Na maleta levaba a bandeira do último país que visitou. Tamén levaba un vídeo coas aventuras de Willy Fog para guiar a súa viaxe, roupa e o seu pasaporte. Agora non pode seguir a viaxar ao redor do mundo. 
Danos as grazas por axudalo e mándanos saúdos.
A carta falaba da misma maleta que chegara á nosa clase pero... como devolverlla?. Pero non sabemos...
- Onde vive Gabriel?.
A profe Eugenia sinalounos que na cabeceira da carta poñía unha dirección e no seu pasaporte (aquelo que nós confundimos cunha axenda) poñía en que país vive Gabriel.
- En Estados Unidos de América. Y nosotros en Europa (Víctor).
- Pues vamos allí en avión y le llevamos la maleta (Lois).
Daquela a profe contounos que América estaba moi lonxe. Na pantalla poidemos ver onde estabamos nós e onde estaba o país de Gabriel, a súa cidade e... a súa escola porque na carta estaba escrito o nome do seu colexio. 
A verdade é que si que está lonxe a Discovery Elementary School de Vernal en Utah!






Como faremos agora para dicirlle a Gabriel que a súa maleta non está perdida, que a temos nós e sobre todo... para devolverlla?.
Marchamos para a casa pensando en solucións e mirade cantas atopamos:
- Ir en avión a buscar su cole.
- Ir en bus buscando su país.
- No se puede ir en bus.
- Porque creo que hay agua.
- Porque hay agua por aquí (señalando el mapa que tenemos en clase) y hay que ir en barco.
- En lancha.
- En avión.
- Se lo podemos decir por teléfono.
- No tenemos su número.
- En lancha motora grande.
- No tenemos ni lancha ni barco.
- Lo puede hacer mi padre que trabaja la madera.
- Podemos ir en barco.
- Mi padre tiene un kayack.
- Es mucho camino, nos podemos perder, puede haber tormentas, remolinos y nos hundimos.
- ¿Y en barco? ¿Haciendo un puente?.
- Tardaríamos más de cinco horas que es lo que estamos en el cole.
- En un trasalántico que tuviera habitaciónes. Un crucero.
- Un crucero es para disfrutar no para ir allí. Pero... ¿tu sabes lo que cuesta un crucero?
- No podemos ir en avión porque no tenemos coche y si vamos en autobús al aeropuerto no sabe el camino y no tienen los mismos cinturones y somos muchos niños para ir en avión.
- Costa cartos ir en avión.
- Cuanto más largo es el camino más hay que pagar.
- No tenemos documentación.
- Los papás se pueden preocupar.
- ¿Y si le mandamos una carta?
- En un sobre se moja.
- No puede ir porque la botella...
- Usamos la botella de Güino para avisarlo.
- Pero la puede llevar la corriente.
- Utah no tiene mar.
- Por correos. Llevamos la carta a correos.
- Pero correos tiene moto o furgoneta y se hunden en el agua.
- Pero va en avión.
Parece que despois de tanto pensar e... moi ben pensar, os pandas dimos coa solución:
ESCRIBIMOS UNHA CARTA, LEVÁMOLA A CORREOS, DE ALÍ LÉVANA A UN AVIÓN, AS CARTAS GÁRDANSE NO MALETEIRO DO AVIÓN, O AVIÓN VAI A ESTADOS UNIDOS E DE ALÍ LÉVANA A UTAH E DE UTAH AO COLEXIO DE GABRIEL E ALÍ DANLLA E EL.
Uff! Menos mal. 
Que vos pareceu?. O certo é que todos o pasamos moi ben pensando e aportando as nosas ideas. Estivemos case unha hora e a nosa profe di que o fixemos estupendamente: escoitamos, pensamos, respetamos a quenda de palabra, enriquecimos as solucións dos demais e sobre todo aprendimos moitísimo.
En fin que... SOMOS ESTUPENDO@S!.

🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼🐼





2 comentarios:

  1. Estes pandas teñen resposta e solución a todo... :)

    ResponderEliminar
  2. Pois si Rocío e non vexas o ben que razoan: respectando o turno, escoitando aos demais... Estivemos unha hora opinando e dando aportacións e máis que estariamos se non tivesemos que marchar a informática.
    Grazas por seguirnos!.

    ResponderEliminar