ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 27 de febrero de 2013

QUE COMO NOS CHAMAMOS? AQUI TEDES A NOSA FIRMA.

Os Xirasoles hai xa uns días que estamos escribíndo o noso nome nos traballos diarios. É que levamos case seis meses vendoo nas etiquetas da clase (cando fichamos, na nosa carpeta e sobre todo na nosa mesa). Cada día observamos o importantes que son as letras e cantas palabras diferentes podemos escribir con elas.
Hoxe a profe fíxonos un pequeno "exame" como os maiores: debiamos escribir soíños o noso nome. Aquí tedes o resultado. O certo é que xa nos ensinara algúns truquiños: o I un poste levantado e dous tumbados, o A un telladiño con unha raíña... e tiñamos o modelo na nosa mesa.
Ela marchou encantada porque o fixemos fenomenal. Va que sí?.

 
ANIMÁDENOS DESDE A CASA A ESCRIBIR O NOSO NOME ÁS NOSAS COUSAS: AO NOSO CEPILLO DE DENTES, AO NOSO CARNET DA BIBLIO, AOS NOSOS LIBROS...ASÍ PRACTICAMOS E COMPRENDEMOS QUE O NOME TEN UNHA UTILIDADE.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario