ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 3 de marzo de 2013

CONMEMORACÓN DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO.

O venres e lembrando o nacemento da poetisa galega Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro, desde o Equipo de Biblioteca, o profe Julio convidounos á visualización dun poema desta escritora. Tratouse do poema titulado "Parece unha rosa". Ademais tamén poidemos lembrar que este ano hai 150 anos que Rosalía escribíu "Cantares galegos". Como recordatorio a profe Lara e os maiores do cole musicaron e recitaron "Campanas de Bastabales", outro poema da nosa escritora. Vede que atentos estamos e... que contentos marchamos coa nosa pegatina. Grazas profe Julio!. (Podedes ver os dous documentos premendo no seu título entre as fotos)

 
 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario