ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 9 de marzo de 2013

A VISITA DE PABLO, O APICULTOR!.

Onte todos os nenos e nenas de Infantil tivemos unha estupenda sorpresa: coñecimos a un apicultor (en persoa). Os compis de catro e cinco anos están traballando e aprendendo moito sobre As abellas. Xirasoles e Bolboretas, aproveitando que polo Entroido fomos disfrazados de apicultores e apicultoras, xa sabemos algunhas cousas sobre estes insectos. Pero esta visita aínda nos ensinou moito máis: vimos a careta e as luvas de apicultor, un panal, coñecimos o pole, probamos o mel e ata vimos abellas de verdade pero... inofensivas (estaban mortiñas porque xa ían velliñas). Algún de nós aproveitando a rolda de preguntas quixemos saber máis: que pasa coas abellas que non queren traballar?, que fan os zánganos?. Preguntade, preguntade... os vosos peques saben a resposta.
Ah! e moitas grazas a Pablo por achegarnos un pouco máis a este mundiño tan interesante e pola paciencia amosada.
Na "Barra lateral do blog", na sección "Practicamos... coa axuda de mami e papi" tedes un conto que non nos cansamos de ver porque nos gusta moito: "La abeja haragana".

No hay comentarios:

Publicar un comentario