Aínda que o tempo non nolo queira amosar, a primavera... chegou!. No campo rechouchían os paxariños anunciando a nova estación e comezan a atoparse animaliños propios desta época.
Os Xirasoles recibimos unha visita moi interesante coincidindo coa decoración das flores para a nosa árbore das estacións. A Bolboreta Iago veunos ensinar os cágados que atopou nunha charca e o certo é que disfrutamos moito vendo o rápido se movían, bueno... non todos porque os había que "estaban descansando pois antes fixeran moito deporte". Miles de grazas Iago por achegarnos un anaquiño de primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario