- Alguén se fixou na caixa que hai na mesa do corredor?. (Mestra).
- Siiii. (Todos).
- Que había na caixa?. (Mestra).
- Comida. (Silvia).
- Gusanos .(Mencía e Mateo).
- Una hoja. (Naia).
- E non había nada máis?. (Mestra).
- No. (Todos).
- Si había vermes... de onde saíron?. (Mestra).
- De una manzana, que está en los árboles. (Mateo).
- Yo pelo una manzana y no veo ninguno. (Adriana).
- Y cómo subieron a la mesa desde la manzana del árbol?. (Mencía).
- Los llevó Lara, la profe de música. (Naia).
- Si se caen las manzanas y saltamos en ellas se rompen y salen los gusanos. (Santiago).
- Alguén veu como eran os vermes?. (Mestra).
- Eran pequeñitos. (Indhira).
- Rosas. (Mateo).
- Un pájaro llevaba uno rosa en la tele. (Aroa).
- Sabedes como se chama o que estamos a facer?. Quen di... teño una hipótese?. (Mestra).
- Buddy do Dino Tren!!. (Mateo).
- Pois nos temos unha hipótese, (unha idea, parécenos que hai...) sobre o que hai nesa caixa. Que vos parece se imos ver a caixa?. (Mestra).
- Ben!!. (Todos).
Chegamos á mesa e...
- No están!!. (Adrián).
Había un cartón no que ninguén se fixara o día anterior.
- Algunha profe levou a caixa para observala na clase, non vos preocupedes. Imos ver o que é esto. (Logo de descubrir unha lupa e falar da súa utilidade decidimos botar unha ollada).
- Son gusanitos porque tienen colita, los negros son gusanitos y... manzanitas también. (Adrián).
- Manzanitas, piedras y gusanitos. (Mateo).
- Gusanos pequeñitos. (Aarón).
- También veo rocas. (Nico).
- Veo bolitas. (Santiago).
- Es donde viven los gusanos, es un mapa. (Mencía).
- Gusanos negros, uno está quieto y los demás se mueven, levantan la cabeza. (Naia).
- Son negros (Daniela)...
- Xa vemos os vermes pois... que serán esas boliñas das que dixo Mencía que parecían a súa casiña... son mazás... redondiñas, pequeniñas e grises ou brancas...?. (Mestra).
- Son huevos. (Santiago).
- Santi di que son ovos, que vos parece?. Imos mirar no panel. (Mestra).
- Si, son ovos. (Todos).
- Pois as que pensabamos que eran mazás... eran ovos. Os nosos vermes saen destes ovos e a este tipo de vermes, mellor dito "larvas" (como nos pon no panel) porque aínda son moi pequeniños, non lles gustan as mazás como a outros que sí comen delas. (Mestra).
Pedímoslles ás Bolboretas que nos prestaran a caixa co resto das larvas e poidemos ver que as larvas dos VERMES DA SEDA, comían follas, follas de MOREIRA (non calquera folla) e tamén... facían cacas!! (uns puntiños diminutos de cor negra).
Chegamos á clase e reflexionamos sobre á nosa hipótese. Non era de todo errónea, somente cambiamos algúns nomes: larvas por vermes, ovos por mazás... pero poidemos coñecer un novo tipo de verme, o da seda.
Imos seguir moi atentos a estes novos animaliños que nos trouxo a primavera. Acompañádenos e veremos que ocorre!!.
- Ah! Traédenos tamén follas de moreira para que poidamos alimentar aos nosos vermes porque... son moi lambóns!.
- E se algúen de vos quere seguir o proceso de metamorfose na súa casa non dubidedes en pedirnos os ovos, hai mogollón!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario