Logo de vinte días o último dos vermes que temos na clase dos Xirasoles decidíuse a facer o seu casulo. Xa pensamos que algo raro lle pasaba porque nin comía nin facía casulo. Pero observade se é especial que o fixo debaixo das follas de moreira. Tamén os vermes que temos no corredor empezaron este luns a facer os casulos e... van lanzados. Decidimos separalos en dúas caixiñas para manter diferenciadas as especies: brancos e raiados. Seguide atentos que xa logo sairán as bolboretas!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario