ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 19 de mayo de 2013

POESÍA, NAS... "NOSAS LETRAS".

O xoves celebramos no cole a festa das Letras Galegas. Os maiores, caracterizados como Roberto Vidal Bolaño, achegáronnos ao coñecemento do persoeiro a quen se adica este ano a festividade das nosas letras dun xeito moi divertido porque... había moitos Roberto Vidal Bolaño!!. Despois, un ano máis, Güino deunos a coñecer aos gañadores do Certame de Poesía. Tamén os peques fomos agasallados cun lote de libros para a biblio de infantil polo ben que recitamos o noso poema "POESÍA". Noraboa para tódolos finalistas e parabéns aos galardoados. E como non podía ser doutro xeito, durante e ao remate do día, poidemos disfrutar da interpretación dalgunhas pezas do noso folclore a cargo de compañeiros do cole e de "Os fenómenos" que ademáis de ser familias do cole, xa son "coma da casa". Grazas! coma sempre pola vosa animación porque neste día "desapacible" do mes de maio nos metíchedes o ritmo e a ledicia no corpo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario