ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 18 de mayo de 2013

COÑECIMOS A MARÍA, A IRMÁ DO XIRASOL SANTI.

O mércores recibimos unha visita especial. Tivemos connosco a María, irmá do noso compañeiro Santiago e á que non coñeciamos en persoa. Apenas ten dous mesiños e medio pero estivo moi espelida todo o tempo e... como era a hora da parva tamén ela quixo tomar a súa je,je!!. Logo, para que lle entrase o sono, abaneámola un pouquiño colléndoa no regazo (de certo que quedou durmida). Foi unha experiencia moi bonita porque coas explicacións da súa mamá lembramos que, non hai moito, tamén nós fomos pequenos. Grazas a María e aos seus papás por adicarnos un pouquiño do seu tempo.

2 comentarios:

  1. Grazas a todos os xirasoles por acollernos con moito entusiasmo e a ti por invitarnos a participar nas vosas actividades, formando parte de elas.
    María.

    ResponderEliminar
  2. Non hai de que, e xa sabedes que todas as familias tedes aberta a nosa clase para ensinarnos tantas e tantas cousas porque xuntos, cole e familia, aprendemos máis e... mellor. Ata a próxima!.

    ResponderEliminar