ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
sábado, 26 de octubre de 2013
COÑECIMOS A IAN.
A nosa compañeira Naia, como xa sabedes, hai pouco que tivo un irmanciño. Esta semana puidemos coñecelo porque nos visitou coa súa mamá e a súa irmá Kelly. Encantounos que estivese connosco porque Adriana nos contou moitas cousas do seu bebé: os diferentes tipos de choro, como se alimenta, como hai que limpalo e ata como se anaina a un pequerrecho. Escoitade ó seu canto de berce e... o do Xirasol Adrián, que el utiliza para que durma o seu irmanciño Rubén (do que pronto esperamos a súa visita). Grazas a Ian pola visita e a mamá Adriana por facernos tan amena e interesante a túa explicación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario