ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 2 de noviembre de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO "AS FESTAS DO OUTONO".

Desde hai uns días os Xirasoles viñémonos preparando para celebrar por todo o alto as dúas festas tradicionais do outono: a festa do samaín e o magosto. Para a primeira comezamos decorando o noso corredor cunhas pantasmas... terroríííficas e rematamos amosando a arte das nosas familias axudándonos a tallar as cabazas (GRAZAS COMA SEMPRE POLA COLABORACIÓN) e para a festa do magosto, como tódolos anos, non podía faltar o noso portacastañas decorado. Con el e a nosa caracterización particular de meigas puidemos interpretar a misteriosa Danza das Meigas da Fraga que nos ensinou a profe Lara. E... comendo castañas rematamos unha semana chea de... misterio!.

Parabéns a Daniela e á súa familia por esta fermosa "cabaza-carroza" que foi elixida como a máis orixinal. 


 
  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario