Hai un mes que presentamos aos vermes da seda e non eran máis que larvas. Mirádeos agora!. O venres adicamos un ratiño a limpalos e de paso a observar a súa evolución.
A primeira idea pareceunos curiosa pero enseguida comprendimos que calquera animaliño do que nos fagamos responsables necesita das nosas atencións: alimento, limpeza, coidado e ata agarimo.
Observamos a caixa onde medran e vimos que a súa comida xa estaba un pouco murcha, que tamén fan caca coma nós e que ata mudan a pel segundo medran. Sentimos a súa pel frequiña e as súas cóxegas na nosa pel. Limpamos ben a caixa e finalmente pousámolos con coidadiño enriba das follas de moreira.
Que por certo ao rematar o día tivemos que repoñer porque como larpeiros que son...esgotáranas todiñas.
LEMBRADE TRAER MÁIS COMIDIÑA PARA OS NOSOS VERMES!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario