- Estabamos agochadiños cubertos dun manto marrón.
- O sol quenta e a choiva empeza a mollarnos.
- Pouco a pouco comezamos a espertar.
- Abrimos os nosos brazos sobre a nosa cabeciña.
- Empezamos a erguernos.
- Os brazos estíranse á vez que o noso corpo.
- Unha lixeira brisa abanea o noso corpo pero non consegue desprazarnos, estamos presos ao chan.
Quen nos agarra forte ao chan?.
Vai ser a observación que facemos da nosa contorna quen nos dará a resposta. Saímos ao xardín do cole e observamos as plantas. Tamén están suxeitas no chan. Algúns sabemos como se chaman as partes dunha planta que vemos a simple vista pero... o nome da parte que suxeita a planta á terra non acaba de xurdir. Que faremos?. Como podemos ver o que hai debaixo da terra?.
- Cavando.
- Sacando unha planta.
Aquí nos tedes:
Eses "fios" clariños como "peliños" son... a RAÍZ!. Por eles come e se suxeita a planta.
Retomamos a nosa dramatización e decidimos facer a nosa propia sementeira.
Aquí nos tedes máns á obra!. Antes claro está investigamos sobre todo o que precisa unha semente para medrar e así converterse en planta: terra, auga, sol e aire.
Botamos terra ata a metade dun vasiño transparente que tiña un furadiño por se nos pasamos regando para que expulse a auga sobrante, contamos tres fabas e colocámolas encima da terra, cubrimos de terra sen apretar e regamos.
Botamos terra ata a metade dun vasiño transparente que tiña un furadiño por se nos pasamos regando para que expulse a auga sobrante, contamos tres fabas e colocámolas encima da terra, cubrimos de terra sen apretar e regamos.
O martes 26 de abril fixemos a nosa sementeira, dous días despois regamos e o luns día 2 de maio xa vimos agromar as nosas primeiras sementes. Chamounos a atención a forza que fan para levantar a terra. Distinguimos o que vai ser a raíz e o talo. Ademais é moi curioso ver como a faba-semente perde a súa casca branca e medra co talo para irse abrindo e dela xurdir as follas polas que respira a planta.
A día 6 de maio seguimos coidando das nosas plantas e nuns días terémolas na casa. Temos que transplantalas na horta, no xardín ou nunha maceta máis grande.
SÓ ASÍ VEREMOS O REMATE DO PROCESO PORQUE DELAS XURDIRÁ UNHA FLOR E O FROITO DO QUE VOLTARÁ A XURDIR A SEMENTE QUE NOS DARÁ UNHA NOVA PLANTA. É... O CICLO DA VIDA!
(Para explicar esto último aproveitamos a donación de Amoná e a súa familia dunhas plantas de amorodo nas que poidemos observar a flor e o froito). Grazas Amoná.
Grazas a ti Dámaris. Amoná está feliz na escola e levou os amorodos moi contentento.
ResponderEliminar