ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 8 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.



Este ano adicamos o Día Internacional da Muller desde o noso cole e dentro do P.D.I "O mar", a coñecer e valorar os traballos femininos relacionados co mar. 
Na aula tamén falamos do gran valor que teñen os traballos que realizan mulleres coñecidas por todos nós, sobre todo das que están máis pretiño, as nosas nais. Lembramos o conto de Rita e Lolo e como debemos apreciarnos e respectarnos mutuamente homes e mulleres pero sobre todo, afondamos no beneficio que supón o traballo conxunto a prol do ben común.
Para rematar, traballamos un pouquiño pensando en mulleres que coñecemos e que están relacionadas con traballos do mar. O certo é que o noso pensamento funcionou "a mar de ben" e xurdiron profesións como: a guía do Aquarium, a mariscadora, a capitana de barco, a peixeira e a investigadora mariña.
Colocámonos en grupos e mediante a estructura de folio xiratorio completamos a nosa ficha correspondente. Repartimos o traballo e cada membro do grupo realizou a súa parte pero sempre compartindo saber e axudándonos se xurdía algún problema.
Aquí tedes o resultado que ensinamos moi orgullosos e compartimos co resto do cole pendurandoo da rede das nosas mulleres do mar, presentes no mural do corredor realizado para a ocasión.
Grazas á profe Lidia e aos compis de 3º que escoitaron moi atentos a nosa explicación e nos axudaron na tarefa de colgar o noso traballo no mural.


















 




 

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario