sábado 17 de marzo de 2012

- PROFE, ESTE NENO PARÉCESE UN POUCO A MIN...!

0 comentarios
Esta foi a exclamación de Xoán, unha das gaivotiñas, cando veu as fotos dos nosos amiguiños do Sahara. Están expostas no corredor principal xunto con outras que nos amosan as paisaxes e costumes deste lugar tan lonxano pero agora un pouquiño máis preto de nós. E é que as nenas e nenos somos nenas e nenos alí onde estemos, cambie a nosa cor, as nosas casas, os nosos costumes, os nosos vestidos... Desde esta "haima" achegámonos á realidade deste pobo e aprendemos a valorar o diferente pero no fondo... igual.

HISTORIA DO LIBRO

0 comentarios
Estes días no corredor principal do noso cole e grazas á aportación do IES "Fernando Esquío" de Neda hai unha exposición interesantísima sobre a "Historia do libro". Amósanos un percorrido desde os primeiros sinais escritos dos nosos antepasados ata a actualidade así como os diferentes soportes utilizados na escrita. Ás gaivotas gustounos moito, sobre todo descubrir o alfabeto Braille: o alfabeto dos cegos. O certo é que nos parece moi complicado poder ler mediante o tacto. Invitámosvos a visitala, é moi interesante!.

NO MUSEO!!!

0 comentarios
Entre o xoves e o venres as nenas e nenos e infantil fomos coñecer o Museo de Belas Artes de A Coruña. Na clase xa nos comimos a cabeza pensando que era iso dun museo e o certo é que tiñamos bastante claro que é o lugar onde podemos coñecer e aprender sobre "cousas interesantes": sobre dinosaurios, sobre o corpo, sobre a arte... Voltamos envoltos dunha relaxación tremenda, a nosa atención foi exquisita e o noso asombro permitíunos aprender moitas cousas: o que necesitan os pintores para pintar, como debemos mirar un cadro, como pintar o vento, que se pode pintar "do revés", que os cadros contan historias, por que un retrato nos persigue coa mirada... Pasámolo super ben e apredimos moitíííísimo. Ollade pra nós!!.


video

domingo 11 de marzo de 2012

INVESTIGANDO SOBRE O EUCALIPTO

0 comentarios
Gatiños e gaivotas estamos aportando moita información acerca do eucalipto logo das "boliñas" aportadas pola gaivotiña Nuria. Observamos a corteza desta árbore, as súas follas que cambian segundo vai medrando a árbore, as flores e o froito. E sabedes que?. Que ese froito veu ser: as "boliñas" de Nuria!!!. E dentro delas están as... sementes!. Ollade estas fotos e aprendede connosco. Sabedes como chegou o eucalipto a Galicia?. Nós si. Descubrídeo mirando as fotos.

DE EXCURSIÓN AO TEIXO DE PONTEDEUME

0 comentarios
O venres todos os nenos de E. Infantil fomos de excursión a ver o teixo do paseo marítimo de Pontedeume, a razón desta visita ten que ver coa conmemoración do día da muller traballadora. O concello propuxo a todos os coles de Pontedeume facer traballos sobre unha muller galega. O noso cole escolleu a Emilia Pardo Bazán e investigando, investigando enterámosnos de que en varias ocasións veu a Pontedeume e se reunía cos seus amigos nesta árbore. Así que.... alá fomos!!!! Durante o paseo aproveitamos tamén para ir observando outras cousas, pero sobre todo interesounos moito o traballo dos mariscadores que estaban na ría collendo ameixas.
Logo, para coller forzas tomamos a merenda e fixemos unha parada no parque.
A verdade e que foi unha saída moi interesante e na que os peques disfrutaron moito!!!



UN ANAQUIÑO DO SAHARA NO COLE

0 comentarios
Estes días podemos disfrutar no cole dunha exposición sobre Sahara a raíz dun proxecto que están a facer os nenos e nenas maiores en colaboración con outros centros. Os Gatiños non perdemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis desta cultura e alá fomos a investigar sobre o tema!!! Estades todos convidados a visitala!!!



martes 6 de marzo de 2012

A DESPEDIDA DA GATIÑA NURIA...

0 comentarios
Onte despedimos con moita mágoa á Gatiña Nuria que marcha para outro cole. Entre bicos e apertas e contendo a emoción, desexámoslle todo o millor nesta nova etapa. Tamén lle demos un detalliño feito con todo o noso amor...
Biquiños Nuria e familia!!! Agardávosmos en futuras visitas!!!