A profe Lorena, coma no curso pasado, é a encargada de ensinarnos a través da "pantalla". Esta vez xa como maiores... con ordenador e, ofrécenos esta nova ferramenta desde a que estamos a aprender moito no cole e vos invitamos a que tamén o fagades desde as vosas casas. Animádevos familias!. Hai moitos xogos cos que poderemos reforzar o aprendido e explorar novas cousas.
O enlace ao blogue de informática atoparédelo na columna dereita do noso blogue.
ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
Mostrando entradas con la etiqueta Novas tecnoloxías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas tecnoloxías. Mostrar todas las entradas
domingo, 6 de noviembre de 2016
martes, 7 de junio de 2016
REALIDADE AUMENTADA!
Na clase de informática tivemos unha experiencia moi chula. Aínda que neste ratiño adoitamos traballar coa pantalla, hoxe fixémolo dun xeito especial: con pantalla de tablet pero en tres dimensións!. Como por arte de maxia poidemos manexar un coche, coller nas nosas máns un paxariño e... ata un dinosauro!. Ollade para nós e se queredes experimentalo aquí tedes a aplicación: APP QUIVER . So tedes que imprimir os debuxos que ofrece a aplicación en www.quivervisión.com, darlles cor e unha vez que a tedes descargada no móbil ou na tablet... disfrutar da maxia!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)