ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta A nosa música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa música. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de junio de 2017

PACO NOGUEIRAS... EN CONCERTO!.


Hoxe tivemos a visita mais esperada desde que programamos o mes de xuño no noso almanaque de aula: o concerto de Paco Nogueiras.
Xa coñeceramos a este artista na sesión de contacontos de Kalandraka e quedaramos abraiados pero hoxe... foi fenomenal. Vaia concerto!.
Como sabiamos todas as súas cancións acompañámolo cantando e como non, bailando. Rimos un montón e lembramos todo un curso, con todas as melodías que nos acompañan en cada data importante do mesmo co seu repertorio "Brinca Vai". 
GRAZAS PACO, ESPERAMOS VERTE DE NOVO POLO NOSO COLE!!.












 




lunes, 29 de mayo de 2017

A MÚSICA CHEGA AO CORAZÓN!.







O pasado xoves e coincidindo coa nosa clase de música, os Pandas, puidemos gozar dun concerto maravilloso. Tres profesoras do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol e sendo dúas delas mamás de compis do noso cole, achegáronnos a música ao corazón. Primeiro falamos dos instrumentos cos que ían tocar e puidemos demostrar o moito que xa sabiamos deles (é que temos á profe Lara que nos ensina moitíííííísimo), seguidamente fixemos un percorrido polo "sentir" achegándonos a valores fundamentais como: a bondade, a amizade, a ledicia, a valoración dos sentimentos, como podemos cambiar o mundo e como somos. Todo a traverso de diferentes composicións musicais. Son incríbles as emocións que nos pode transmitir a música!. Disfrutámolo moito e por iso queremos darvos as GRAZAS.


martes, 14 de marzo de 2017

MUSICANDO!

Hai uns días a profe Lara chegou á clase moi ilusionada contándonos que tiña na aula de música uns instrumentos novos que nos doou unha familia do cole. Fumos emocionados á nosa clase semanal de música e mirade con que nos atopamos (trátase dun Yembé procedente de África e dun Diyeridú procedente de Australia). 
Quedamos abraiados e mirade o que disfrutamos. Grazas profe Lara, por facer estas clases tan divertidas!.



 

 
 
 
 











viernes, 27 de mayo de 2016

SEGUIMOS A DISFRUTAR DA MÚSICA!.

Nesta ocasión poidemos disfrutar dunhas sesións de música estupendas!. A aula estaba perfectamente colocada e aproveitando que os maiores estaban a practicar cos xilófonos e os metalófonos (instrumentos de percusión de láminas) a profe Lara ensinounos como se usan, como se fai silencio na música e a seguir o ritmo. Gozamos moito e ata parecemos unha orquesta, non si?. O certo é que neste curso aprendimos moito no noso primeiro achegamento á música, coa profe Lara e na aula: contos musicados, cancións, bailes, danzas, ritmos, coñecimos instrumentos... E o máis importante, sentimos a música!. Pero... o curso que ven... máis.




viernes, 12 de diciembre de 2014

"IVÁN E O LOBO GRIS". AVENTURA MUSICAL CON MUSICREQUES!


Hoxe tivemos a sorte de contar no noso cole coa presencia da Asociación Musical "Musicreques" que espectacularmente nos achegaron a A. Dvorak representando e interpretando obras do seu repertorio enmarcadas no conto "Iván e o lobo gris". Pasamos un rato estupendo e como xa tiñamos coñecido a este compositor coa profe Lara, sentímonos tamén nós, protagonistas da historia. Foi fenomenal!. Grazas á mamá de Iago das Bolboretas e á súa compañeira, por facernos SENTIR A MÚSICA.






domingo, 22 de junio de 2014

CONCERTO ROCK!

O mércores os Xirasoles e os demais compis do cole disfrutamos dun concerto moi especial. DeBosses, unha banda do noso pobo formada polo pai da tartaruga Noa, por dous irmáns coñecidos por moitos: Pedro batería e Adrián vocalista e por outros coñecidos do pobo; deleitounos cun concerto de rock nos que algúns amosamos o noso gusto por esta música (vede senón que estilo ao bailar). Bruce Springsteen estivo máis cerca de nós!.

lunes, 10 de junio de 2013

DE BATUCADA COS "FENÓMENOS"!

batucada é unha manifestación musical consistente  nun grupo de instrumentos de percusión. A orixe da batucada está nas culturas africanas onde se diron sempre formacións de tambores para festividades relixiosas e populares. Na nosa época a batucada tivo o seu florecemento en Brasil, onde se forman batucadas con máis de 3000 tambores e bailaríns, de xeito que a batucada brasileira é o prototipo do movemento de batucadas que se ve en Europa.
Pero... na nosa vila temos un grupo propio de Batucada composto por moitas familias dos nosos alumnos e aínda máis, do que tamén forman parte alumnos do cole. Deles poidemos disfrutar no día de hoxe.
Aquí nos tedes a todos disfrutando e contaxiándonos do ritmo. GRAZAS coma sempre aos Fenómenos, "que con gaitas ou percusión fan as delicias desta afección".



 

viernes, 24 de mayo de 2013

"O CARNAVAL DOS ANIMAIS".

Pero... os animais poden ir de carnaval?. Os de Camile Saint-Saëns si!. Nós sabémolo ben porque coa profe Lara estivemos coñecendo a obra deste compositor francés. E como non hai mellor cousa que vivenciar a música en directo, alá nos fomos ao conservatorio de música de Ferrol invitados pola mamá da Bolboreta Iago. Poidemos ver unha divertida posta en escena desta obra e pasámolo pipa porque... alí estaban os animais de Saint-Saëns, todiños movéndose ao ritmo da música. Foi moi bonito, só os nosos comentarios bastan para amosar como nos estaba facendo "sentir" a música. Algún Xirasol acabou disfrutando tamén dunha pracenteira soneca. Vede senón as fotos. Ah! e mil grazas por facilitarnos o achegamento a esta faceta tan importante da cultura como é a MÚSICA.

 
 

sábado, 20 de abril de 2013

MUSICREQUES!!

O xoves tivemos un concerto moi chuli no cole!. Tratouse dun espectáculo de monicreques e música clásica que correu a cargo da Asociación Musical "Musicreques" titulado "As aventuras de Quebranoces". As aventuras do protagonista do conto de Hoffmann en Rusia, Exipto, China e ata no Conservatorio de Ferrol, serviron para que Alma (mamá da bolboreta Iago) e Loreto, interpretando a música de Tchaikovsky e facendo que os divertidos monicreques cobrasen vida, nos fixeran sentir, disfrutar e... ata danzar. GRAZAS DOS XIRASOLES POR ESTE FERMOSO ESPECTÁCULO!. 

martes, 20 de noviembre de 2012

FOMOS DE CONCERTO...

Xa de mañanciña, os xirasoles, poidemos disfrutar co resto dos compis de infantil dun precioso concerto. Foi a primeira actividade do día e un xeito estupendo de recibilo. Logo de cuestionarnos que sería eso dun concerto, o que moitos relacionamos claro está, coa música; disfrutamos dos sons das trompetas (incluída unha delas con sordina), do saxo, da tuba e do trombón. Disfrutade dunha pequena mostra deste gran concerto!.