ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Primeiros días. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primeiros días. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de septiembre de 2017

DE VOLTA NO COLE!


Aquí estamos de novo os Pandas! comezando o noso último ano en infantil e estreando nova clase. O certo é que estes días foron estupendos: reencontrámonos todos os compis, tivemos a sorte de coñecer e dar a benvida a unha nova panda, Andrea e xuntos gozamos do xogo na aula e no patio. Ademais xa traballamos un pouquiño organizando os nosos lapiceiros (cada dous ou tres nenos puxémonos de acordo escollendo un logo para o noso lapiceiro. Neste caso foi un animal. Así que entre cebra, jirafa, tigre, mariposa, león, mono, araña, caballo, guepardo y halcón andan nuestros lapiceros) e pensando así coma plasmando nun debuxo os nosos desexos para este curso. Todos foron fermosísimos. Lede e veredes! 
Esperamos que se cumplan así que poñeremos da nosa parte para que así sexa. 
Ah! e como podedes escoitar no vídeo non esquecimos o noso berro de unión "Xióngmao, xióngmao! (panda en chinés).






























domingo, 18 de septiembre de 2016

OS PANDAS... DE NOVO NO COLE!

Ola a tod@s!. Xa rematou a nosa primeira semana no cole. A pesares de estar un pouco desorientad@s porque... a clase dos Pandas se trasladou de lugar no corredor, gozamos moito: reencontrándonos cos amig@s, coas profes e lembrando as rutinas diarias que tiñamos algo esquecidas. Tamén nos tocou coñecer a profes nov@s como o profe Javier que nos acompañará en "deporte" ou á profe Sonia que nos ensinará a "xogar coa lingua". Así mesmo coñecimos novos lugares de aprendizaxe como a aula de informática na que comezamos co uso do ordenador. É que xa somos maiores! 
Foi unha semana estupenda pois chegamos con enerxías renovadas e dispostos a aprender moito, moito, moito.
Aquí volo amosamos nestas fotos: revivindo rutinas, recordando o verán, plasmando as nosas vivencias, xogando... en definitiva, aprendendo.   
Comezamos un novo curso con moitas gañas e ilusión. Acompañádesnos nesta nova andaina?. Contamos convosco familias!.

Ah! e ademais desde o mércores nos acompaña Cintia que está a aprender a ser mestra. Xa está no noso panel e axundándonos moito nas nosas tarefas. Benvida Cintia!. Esperamos poder axudarche moito e tamén nós, aprender moito de ti. 








sábado, 14 de septiembre de 2013

SOMOS OS MEDIANOS DE INFANTIL!

XIRASOLES (Aula de 4 anos).
Fáltanos Naia que vai ter un irmanciño e á que esperamos con moita ilusión.
Saudiños.
De volta no cole! e... xa somos máis grandiños. Agora somos os medianos de infantil e aínda que nos costa atopar a nosa nova clase cando saímos ao recreo, co paso dos días, xa nos imos situando. Por certo, vimos con moitas gañas: de xogar cos compañeiros, de traballar e de aprender. Védenos nestas fotos e coñecede tamén aos dous novos Xirasoles: Sofía e Hugo. Benvidos os dous e as súas familias!.
FAMILIAS non vos esquezades de SEGUIRNOS E PARTICIPAR no noso Blog. Fainos moita ilusión ler os vosos comentarios. GRAZAS!.