ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Entroido (Mandadiño1). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido (Mandadiño1). Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2017

XA CHEGOU MANOLO... "MANDANDO"!


Aquí tedes ao noso esqueleto Manolo... que non esquece nin un entroido!. Este é o seu primeiro mandadiño. Así que para o luns xa sabedes...
ANXO RECÓRDANOS A MENSAXE DE MANOLO!!

domingo, 31 de enero de 2016

MANOLO E O 1º MANDADIÑO!

O venres coñecimos a Manolo. O esqueleto do noso cole que nos anuncia que se achega o entroido. Como el non se pode disfrazar coma nos, de Trogloditas, nin disfrutar da festa quere irnos preparando para a mesma. Así que, cada día da semana que comeza, deberemos vir ao cole facendo caso á súa mensaxe. As mamás e papás tamén se poden animar a traernos vindo como Manolo nos indica. Así que o luns...


 


 

 

 


viernes, 1 de febrero de 2013

1º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO.

Aquí o tedes, é o esqueleto Manolo, o símbolo do Entroido no noso cole. Como cada ano é o primeiro en ir animándonos para a festa. O Xirasoles chegamos a ler a súa mensaxe un pouco desconfiados: eses ósos tan brancos e delgadiños... Algún dixo que era como "su abuelito bebé pero ahora viejecito" (miña naiciña! que futuro "tan real" nos espera...). Sen embargo, tocando o xeonllo de Manolo, poidemos comprobar que tamén nós temos esa boliña redonda e moi dura pero... cuberta de pel e outros órganos. Vede pois que nos deu para moito esta primeira visita a Manolo.
Deixámosvos estas fotos e... animádevos!, o luns temos que aparecer guapííííísimos.