ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO.

Hai uns días celebramos no cole o Día do Libro que como ben sabedes se celebra o 23 de abril. Aproveitamos o traballo que vai xa para uns anos realizaron o alumnado do cole e os mestres sobre os traballos artesanais de Pontedeume. Güino convidounos á biblio e alí amosounos as páxinas desta nova publicación "Artesáns de Pontedeume". Contou coa axuda de Alicia (antiga profe do cole), da profe Sabela e de dous compis de sexto curso. 
Coñecimos oficicios coma o de: obrador de pastelaría, mariscador, redeira, carpinteiro, agricultora, pandereteiro... 
Para rematar Güino agasallounos cun exemplar da publicación para ter nas aulas. GRAZAS GÜINO!.