ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Estacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estacións. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de febrero de 2017

MANOPLAS PARA O INVERNO!












Coa nova estación, o noso corredor xa mudou de decoración e ás aulas de catro anos tocounos elaborar unhas divertidas manoplas.
Xunto con osiños e pingüíns educación infantil loce así de fermosa!.






miércoles, 14 de noviembre de 2012

MARCOS E AS ABELÁS.

Como seguimos disfrutando do outono, o xirasol Marcos quíxonos aportar un froito curioso desta época.

Todos oiramos falar e coñeciamos as abelás pero moitos non viramos nunca a casula na que se agochan na abeleira. Marcos ensinóunola e poidemos tamén escoitar e sentir nos nosos dediños como se abanea a abelá dentro da casca. (Xa estaba dicindo: cómeme, cómeme!). E aínda que ninguén se animou a probalas non remataremos o outono sen fincarlles o dente. Decirvos que esta aportación servíunos, entre outras cousas, para aprender novas palabras. Grazas Marcos.

domingo, 21 de octubre de 2012

COUSIÑAS DE OUTONO

Esta semana o noso compi Senai tróuxonos unha fermosa cestiña. Nela descubrimos follas, flores e froitos de... castiñeiro!!. Foi moi interesante porque entre todos dialogamos sobre onde se atoparían todos estos pequenos tesouros e chegamos a imaxinar un gran castiñeiro: coas súas pólas, coa flor da que logo agroma o ourizo e do que, con moito coidadiño, podemos sacar o froito: a castaña. Algún atraveuse a abrir o ourizo. Ollade!. Grazas a Senai e á súa familia por axudarnos a aprender aportándonos un anaquiño da natureza que temos tan preto.




A ÁRBORE DO OUTONO.

"Otoño llegó marrón y amarillo". Así di a nosa canción do outono e con ela aprendemos os cambios máis significativos que acontecen na natureza durante estes meses. Aquí tedes a árbore que decoramos entre todos (rechea de cor por un lado e con anaquiños de papel charol polo outro). Tamén as folliñas nos quedaron moi chulis. Todo o noso traballo podedes disfrutalo na cristaleira da aula, non volo perdades!. E... atentos porque en cada estación a nosa árbore... vai cambiar!.