ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Lecto-escritura (Xogos de sortes). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecto-escritura (Xogos de sortes). Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de octubre de 2017

XOGOS DE SORTES.

Durante estes tres aniños en infantil, os Pandas, fomos elaborando un libriño por curso adicado a unha temática diferente. Con tres aniños adicámolo ás "Cancións do mes", con catro aniños  as "Adiviñas" e este ano tócalle aos "Xogos de sortes". Esta recompilación sérvenos para coñecer difentes aspectos da linguaxe e da lingua (vocabulario, significado, costumes, musicalidade, rima...) e utilizámola como base estimulante do noso primeiro achegamento á escritura.
Logo de pensar sobre que será eso dos Xogos de sortes:
- Tener suerte.
- Escoger entre una cosa y otra.
- Una vez hace uno una cosa y luego otro...
Chegamos á conclusión de que dalgunha maneira tiñamos que facer para saber quen fai as cousas primeiro e non porque se nos antolla un ou outro. Para eso inventáronse uns ditos que nos gustan moito pola súa musicalidade e pola súa rima.
Alguén sabe como decidimos e dicimos para escoller algo ou a alguén? 


Aquí estamos despois de sortear co noso primeiro xogo de sortes que ademais nos serve para xogar ao famoso "Alturiñas" pero nós imos... para a "nosa casa" e Antía que panda hoxe di:
BRASA
BRASA
CADA UN
PARA A SÚA CASA.