ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Vermes da seda II). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Observación do medio (Vermes da seda II). Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2014

XA ESTÁN AQUÍ... OS VERMIÑOS DA SEDA!.

Logo de ter ben gardadiños o oviños que nos deixaron as bolboretas da seda do ano pasado, ben entrada a primavera, retomamos a súa observación.
Esta semana poidemos ver como dalgúns xa saíron as larvas que, cun apetito voraz, furan e furan as folliñas de moreira. Durante estes días faremos un seguimento da súa evolución. Non volo perdades!.
Ah! e lembrade recoller follas de moreira por onde vos atopedes. O seu apetito é incansable e non paran un segundo de comer, comer para... crecer, crecer, creceeer.


sábado, 4 de mayo de 2013

COMO MEDRAN ESTES VERMES!

Os vermes da seda de Educación Infantil seguen a medrar e queremos ensinarvos a súa evolución. Por outra banda os vermes que temos os Xirasoles e que nos trouxo o noso compañeiro Mateo, xa van deixando de comer e empezan a facer o seu casulo. Algúns pensabamos que "unha araña se meterá na súa caixa e os atrapara coa súa tea" pero investigando, investigando... descubrimos que son propios vermes os que, soltando un líquido que teñen gardado no seu interior e que ao contacto co aire se convirte nun fío moi finiño, constrúen esa tea que logo de quilómetros de voltas se converte en casulo.
Agora estamos á espera do que acontecerá: algún pensamos que sairá o verme por un furadiño do casulo, outros que sairá unha bolboreta que despois fará un furadiño na cristaleira da clase e marchará voando... 


8 de abril
18 de abril





3 de maio
Vermes Xirasoles 3 de maio