ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
sábado, 5 de enero de 2013
GRAZAS POLA COLABORACIÓN NESTE 1º TRIMESTRE.
Grazas familias dos Xirasoles!. Pola vosa colaboración nas actividades deste primeiro trimestre de cole, no primeiro ano dos vosos nenos na escola. Sobre todo polas vosas aportacións no "mini proxecto" que nos achegou a saber moitas cousas sobre o xirasol, a planta que escollimos para dar nome ao noso grupo. Grazas polos contos, a documentación, os adornos, o xirasol natural...e todo o voso interese. Esperamos seguir contando coa vosa participación para xuntos, familia e cole, axudar aos nosos peques a medrar en coñecementos. Aquí vos vai unha pequena mostra da nosa experiencia.
jueves, 25 de octubre de 2012
TRANSPLANTAMOS XIRASOLES
Esta semana na clase dos Xirasoles... vimos xirasoles de verdade!. Grazas á profe Lucía, que nos trouxo uns que tiña na casa, poidemos ver en realidade a planta que nos da nome. Tivemos que proceder a "operalos" (como fan os médicos) porque estaban "afogadiños" (descubrimos que a maceta non tiña furadiños para descargar a auga). Procedimos a transplantalos e aproveitamos para coñecer por onde comen e respiran. Tamén vimos a súa flor. Sabemos que son moi delicados e non estamos seguros de que sobrevivan, pero coidarémolos con moito agarimo. E para a primavera... estamos animados a sementar os nosos.
miércoles, 3 de octubre de 2012
XA TEMOS NOME!!
Noooon!!, non vos asustedes. Non é que de repente perderamos os nosos nomes ou non sexamos "ninguén". É que xa temos nome para a nosa clase. Onte, logo de comentar na asemblea como se chamaban as outras clases de infantil meditamos en cómo nos poderiamos chamar nós. Pechamos os ollos e imaxinamos plantas ou animais que coñeciamos ou tiñamos nas nosas casas. Algúen nomeou "o xirasol" e todos nos puxemos a decir o que sabíamos desta curiosa planta: nos da as pipas e tamén... o aceite no que "mamá nos frite esas patacas tan ricas". Emocionámonos tanto que decidimos ser... a clase DOS XIRASOLES (va que é bonito?).
Desde agora xa estamos inmersos nun "pequeproxecto" sobre esta planta, así que pedimos a vosa axuda: fotos, libros, folletos, contos... que nos falen dos xirasoles. Esperamos as vosas aportacións porque... nos axudarán a aprender.
Desde agora xa estamos inmersos nun "pequeproxecto" sobre esta planta, así que pedimos a vosa axuda: fotos, libros, folletos, contos... que nos falen dos xirasoles. Esperamos as vosas aportacións porque... nos axudarán a aprender.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

